FORO GALEGO DE
INMIGRACIÓN
COMUNICADO DE
PRENSA
Proposición:
SALVEMOS A HOSPITALIDADE NO CONCELLO DE COMPOSTELA
O Foro Galego
de Inmigración no marco da Campaña Estatal Salvemos a
Hospitalidade que desenvolve e promove xunto con outras entidades e
asociacións do conxunto do Estado propuxo :
A Proposición
Salvemos a Hospitalidade que debatirá o Pleno do Concello de Santiago
de Compostela na súa sesión ordinaria do xoves día 30 de
maio, a partir das 17:30hs ; ás 19:00hs as persoas
asistentes en representación do Foro Galego de Inmigración realizaremos unha rolda
de prensa valorativa do debate da Proposición
nas propias portas do Concello Compostelá na Praza do Obradoiro
A Proposición
Salvemos a Hospitalidade foi presentada formalmente polos grupos
municipais do PSdG-PSOE e do BNG, que apoíaran á mesma Descoñecemos
aínda o posicionamento concreto do grupo municipal do PPdeG, pero
esperamos que sexa favorable. Participaremos como convidad@s no Pleno
representantes do Foro Galego de Inmigración, que recibimos a invitación dos
grupos municipais propoñentes.
“Esta
Proposición pretende conseguir un cambio no Anteproxecto de Modificación
do Código Penal presentado polo Ministerio de Xustiza no referente ao artigo
318 bis do devandito Código
Na súa concepción, o
artigo 318 bis do Código Penal naceu como garante da protección das persoas
afectadas por certas actividades derivadas dos fluxos migratorios, como trata
de seres humanos ou tráfico de inmigrantes. Non obstante, coa modificación do
devandito artigo que pretende levar a cabo o Goberno, actuar de forma
humanitaria pode pasar a converterse en causas de persecución, en función
do criterio do Ministerio Público.
Equipáranse así a
aquelas persoas que se lucran explotando a colectivos en risco de exclusión ou
co tráfico de persoas (accións que, por suposto, censuramos rotundamente), con
aqueles que levan a cabo actos de solidariedade coas persoas en situación administrativa
irregular. Esta equiparación afecta de forma moi lesiva a un dos piares
básicos da sociedade: a convivencia
A
consecuencia que se desprende de todo o anterior é ben grave: a partir deste
momento, se o Fiscal decide acusar, aínda concorrendo móbiles altruístas na
acción solidaria, será moi difícil obter unha resolución xudicial favorable a
quen practicou a solidariedade, porque esta acción está explicítamente
tipificada como forma de ataque a un ben xurídico protexido.”
Recordamos
que a Campaña Salvemos a Hospitalidade e unha campaña estatal que
desenvolvemos xunto con Médicos do Mundo en Galicia e con outros 30 colectivos,
asociacións e entidades no resto do Estado. http://www. salvemoslahospitalidad.org.
Porque
en ningún caso poden arrebatarnos algo tan fondamente humano como é axudar a
quen sufren, a quen nos necesita.
Porque
non se pode criminalizar a solidariedade, porque non se pode criminalizar a
hospitalidade.
Porque
a Proposta Modificación do Código Penal serve para criminalizar aínda
máis ao colectivo de persoas migrantes residentes no Estado Español en
situación de irregularidade administrativa.
Porque
esa Proposta pretende condenar a unha maior pobreza e exclusión social ao
colectivo de persoas migrantes residentes no Estado en situación de
irregularidade administrativa.
Por
todo iso, esperamos do Concello de Compostela un posicionamento
claro en defensa da Hospitalidade, en defensa da xustiza, da dignidade e do
dereito á inclusión das persoas en situación de exclusión social.
PARA MÁIS INFORMACIÓN: Miguel
Fernández Blanco (662307019) . Rocío Rodríguez (981-580506/600-876480)
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo. es - 981-576 142
www.forogi.wordpress.com
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario